Mesa redonda: ESTUDOS SOCIOLINGUÍSTICOS GALEGOS ATUAIS

Cartaz encontro lançamento
Lançamento dos livros “O teatro medieval” e “A pastora e a alegoria”
30 de novembro de 2022
CARTAZ AFONSO X - UFF
Afonso X e Galicia, na UFF
8 de novembro de 2023

Mesa redonda: ESTUDOS SOCIOLINGUÍSTICOS GALEGOS ATUAIS

cartaz mesa redonda estudos sociolinguísticos galegos

No dia 25 de maio, quinta-feira, às 14h (hora de Brasília), realizaremos uma mesa redonda com três pesquisadores galegos sobre os estudos sociolinguísticos galegos da atualidade. O evento será on-line, e poderá ser acompanhado pelo Canal de Youtube do NUEG, Haverá certificado para quem assistir ao vivo pelo Youtube e se inscrever na lista de presença durante a transmissão.

Participantes:

XAQUÍN LOREDO é licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente traballa no Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega e na construcción de programas educativos e sociocomunitarios. Traballou na formación do profesorado de secundaria no eido da psicoloxía.

A súa investigación centrouse no campo da demolingüística galega, o estudo das actitudes lingüísticas, a ruptura da transmisión interxeracional ou a avaliación das competencias bilingües.  Participou en proxectos como o Mapa Sociolingüístico de Galicia (2004) ou Avaliación das competencias do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán (2010, 2020). É (co)autor de libros como Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013 (2017), Mapa Sociolingüístico escolar de Ames (2021), Prácticas lingüísticas na infancia (2021) entre outros. É (co) autor de capítulos como Language use and language attitudes in Galician (2007) ou artigos como La transmisión intergeneracional del gallego. Comparación con el catalán (2017) ou Is the coexistence of Catalan and Spanish possible in Catalonia (2019).

GABINO S. VÁZQUEZ-GRANDÍO é técnico do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega e colaborador externo do Instituto da Lingua Galega. É graduado en antropoloxía social e cultural pola UNED e realizou un mestrado en antropoloxía, xestión da diversidade o patrimonio e o desenvolvemento na Universidade de Sevilla. Na actualidade é doutorando no programa de lingüística da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela baixo a dirección do profesor Henrique Monteagudo, cunha investigación sobre o modelo lingüístico do sistema educativo galego. Entre as publicacións nas que participou atópanse A competencia comunicativa oral en galego e castelán ao final do ensino obrigatorio (2022), A lingua galega no sistema educativo. Impacto nas competencias, prácticas e actitudes do alumnado. (2022) e os libros Prácticas lingüísticas na infancia: A xestión lingüística nos primeiros contextos de socialización (2021) e o Mapa sociolingüístico escolar de Ames (2021).

ELÍAS GONZÁLEZ LÓPEZ  é graduado no Grao en Estudos de galego e español na Universidade de Vigo, con mención especial en Filoloxía Galega. Entre os meses de setembro e decembro do ano 2018 foi colaborador contratado da I Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo.

De setembro a decembro do 2019 foi colaborador contratado no Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega. Xa no 2020 foi seleccionado para ser profesor lector de lingua española na Universidade de Brasilia a través dos Lectorados MAEC-AECID ata maio de 2022. Entre os meses de setembro e decembro de 2021, compaxinando co traballo en liña en Brasilia, foi convidado como profesor conferenciante para dar aulas de portugués na Universidade de Vigo.

Na actualidade, é beneficiario dun contrato predoutoral da Universidade de Santiago de Compostela e realiza a súa tese de doutoramento sobre o proceso de estandarización do galego e o seu ensino baixo a dirección do profesor Henrique Monteagudo.

cartaz mesa redonda estudos sociolinguísticos galegos